lunes, 6 de abril de 2015

En marzo... tivemos moitas datas de interese!

O 21 de Marzo foi o día dos bosques, un día a recordar xa que os bosques apórtannos osíxeno, son o noso pulmón.
O 22 de Marzo foi o día da auga, un día tamén moi importante xa que os seres vivos non podemos vivir sen ela.
O 28 de Marzo foi o día da hora do planeta, no que todos os que puidemos nos sumamos a esta iniciativa apagando as luces e outros aparellos eléctricos durante unha hora. Este evento, impulsado polo World Wide Fund for Nature e que se celebra o último sábado de marzo de cada ano, pretende concienciar á sociedade sobre a necesidade de adoptar medidas frente ao cambio climático antropoxénico e as emisións contaminantes, así como aforrar enerxía e aminorar a contaminación lumínica.