domingo, 31 de mayo de 2015

Reciclamos Separando na praia "Area Branca"

O pasado 12 de maio os membros de Reciclamos Separando fomos limpar a praia de "Area Branca" en Xaviña. Os alumnos/as distribuíronse en grupos de catro, cada membro de cada grupo levaba unha bolsa para os distintos materiais que atopamos (metais, madeira, orgánico...). Ao rematarmos, as profesoras revisaron as bolsas para comprobar que todo estivera ben separado e, tras tomar os rapaces medidas de masa empregando dinamómetros, botáronnas aos contedores correspondentes, situados á saída da praia.

sábado, 16 de mayo de 2015

Xa temos gañadores do concurso de reutilización!

Tralas votacións realizadas durante o recreo do 15 de maio no instituto, publicamos o nome dos gañadores do concurso de reutilización convocado a semana pasada polo proxecto "Reciclamos separando":

  • Premios concedidos polo público:

- Diadema elaborado con chapas de latas de refresco, de Ana Suárez.
- Cesto confeccionado con papel de revistas, de Ismael Suárez.

  • Premios concedidos polo xurado:

- Enrolador de fío construído a partir dun motor dunha lavadora, de Andrés Ramos e David Vergari.
- Axenda portátil feita con disquetes, de Diego Ameal.


Ao longo desta semana anunciaremos o día en que terá lugar a entrega de premios. Parabéns aos cinco, rapaces!!

17 de maio, día internacional da reciclaxe

En moitos países do mundo celébrase o 17 de maio o día internacional da reciclaxe. Oportunidade para lembrar a estratexia de REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR coa fin de promover nos habitantes do planeta unha maior responsabilidade, non só do ciudadano consumidor senón tamén do que extrae a materia prima e do que a transforma nun ben de consumo. Este día é un bo momento para que a familia empece a tomarse en serio un dos hábitos máis importantes para o futuro da humanidade. A nosa misión? Crear un mundo medioambentalmente posible.



viernes, 15 de mayo de 2015

Sabías que...?

... a enerxía que se aforra reciclando unha soa lata de aluminio pode facer funcionar un televisor durante tres horas, e que coa reciclaxe de 1 kg de latas de aceiro se aforra a enerxía suficiente para manter acesa unha lámpada de 60W durante dous días?

viernes, 8 de mayo de 2015

Sabías que...?

... ao reciclar o aluminio se aforra o 95% da enerxía que é necesaria para producir a mesma cantidade a partir do mineral de bauxita?

jueves, 7 de mayo de 2015

Exposición de reutilización

Os alumnos participantes no proxecto realizaron unha exposición sobre a reutilización, traendo cada un o seu obxecto. 






martes, 5 de mayo de 2015

Xa están convocados os premios escolares do programa Recíclate con Sogama

Non somos os únicos convocados!:
A valoración dos proxectos rexirase por unha serie de criterios previamente definidos: cumprimento dos obxectivos e liñas estratéxicas do Plan Proxecta (50%); calidade  dos residuos seleccionados e depositados nos contedores de recollida selectiva habilitados nos colexios (30%) e grao de implicación das familias e concellos nas distintas actividades (20%).
Cerceda, a 24 de abril de 2015.- A Sociedade Galega do Medio Ambiente e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa no marco do "Plan Proxecta" da Xunta de Galicia, publicaron hoxe mesmo a convocatoria conxunta dos premios escolares enmarcados no programa “Recíclate con Sogama” 2014-2015, no que participan un total de 13 centros educativos de ESO. Son os seguintes:
-Sete pola provincia de Pontevedra: tres de Vigo (IES Carlos Casares, CPR Plurilingüe Mercantil e IES República Oriental de Uruguai); un de Vilagarcía de Arousa (CPR Sagrada Familia); un de Pazos de Borbén (CPI Curros Enríquez); un de Cuntis (CPI Aurelio Marcelino Rey García); e outro más de O Grove (IES Plurilingüe As Bizocas).
-Un pola provincia de Ourense (CPR Plurilingüe Divina Pastora, da propia ciudade de As Burgas).
-Dos pola provincia de A Coruña: un de Boiro (IES A Cachada) e outro de Camariñas (IES Pedra da Aguia).
-E tres pola de Lugo: un de Quiroga (IES de Quiroga); un de Sarria (CPR Nuestra Señora de la Asunción); e un de Lugo cidade (IES Lucus Augusti).

Para saber máis, preme no seguinte enlace: http://www.sogama.es/es/noticia/convocados-los-premios-escolares-correspondientes-al-programa-educativo-reciclate-con-sogama