jueves, 18 de diciembre de 2014

Bo Nadal!




Os membros do equipo "Reciclamos separando" desexámosvos unhas felices festas, e querémosvos mostrar esta pequena árbore navideña feita a man por un grupo de rapazas implicadas no proxecto. Animámosvos a todos a celebrar un Nadal sostible!

Punto limpo no instituto


Ademais das illas de reciclaxe, no centro temos un pequeno punto limpo no que se encontran contedores para residuos un tanto especiais como os que se utilizan para as pilas, os discos, os cartuchos de tinta e os tapóns de botella. Os CDs e DVDs están compostos nun 98 % de policarbonato, a súa reciclaxe consiste en separar o policarbonato, limpialo e trasladalo ao mercado para novos usos. En canto ás pilas, primeiro sepáranse en función das súas características e compoñentes, xa que hai moitos tipos de pilas diferentes que teñen compoñentes distintos. Despois sométense a diferentes tratamentos que, nalgúns casos, pode ser a trituración para separar fácilmente algúns dos materiais que as forman. Por último, colócanse nuns fornos onde se recuperan outros compoñentes como poden ser o zinc ou o ferro. Os tapóns normalmente están feitos de caucho endurecido.
Pero, por que sólo podemos axudar reciclando tapóns e non outras partes dos envases plásticos?
Normalmente os tapóns estan feitos de plásticos non reciclados e polo tanto teñen máis valor no mercado. O plástico non se pode reciclar infinitamente, porque vai perdendo propiedades e chega un momento que xa non se pode utilizar. Os tapóns poden reciclarse 5 ou 8 veces. Se nos fixamos nos envases podemos ver se é un plástico que se pode reciclar e tamén se está feito de plástico reciclado e en que porcentaxe.