martes, 27 de enero de 2015

Xincana sobre a reciclaxe na escola


Para despedir a primeira avalición houbo unha xincana na escola, que consistiu nunha serie de actividades propostas polos diferentes departamentos. Entre elas había unha que tiña como obxectivo separar determinados produtos e colocalos nos seus correspondentes colectores. Nesta proba houbo variedade de resultados… Resultou moi educativa xa que moitos alumnos/as non sabían como separar os diversos produtos, e resolveron así moitas dúbidas. Dende o proxecto seguiremos traballando na información, sensibilización e concienciación da importancia que ten a correcta separación de resiuos para a súa reciclaxe.


 

lunes, 26 de enero de 2015

Excursión a Sogama

O próximo martes 24 de febreiro farase unha saída ata  Cerceda para visitar as instalacións de Sogama e así coñecer máis sobre a separación dos residuos e a reciclaxe destes. Como xa sabedes Sogama é a sociedade galega do medio ambiente e nas súas instalacións realízase a separación do lixo a través de diferentes mecanismos como a  utilización de imáns.

domingo, 25 de enero de 2015

Sabías que...?


...en China hai máis de 150000 persoas traballando na lixo tecnolóxico de case todo o mundo?
Un dos vertedoiros de chatarra electrónica cada vez máis importante do mundo é o de Ghana, en África. Sen embargo Guiyu, en China é a localidade onde máis se recicla o lixo electrónico. Parte deste lixo como son os móbiles teñen entre 500 a 1000 compostos diferentes, polo que é moi difícil separalos. A xente por pereza tira os ordenadores, impresoras,… no monte o noutros lugares. Hai moitas solucións para reciclar a chatarra electrónica ou polo menos evitar que contamine tanto, por exemplo:
  •  Doar ou vender os equipos que aínda funcionan a organizacións.
  • As empresas deberían ter un plan de reciclaxe para os equipos antigos ou estragados.
  • Intentar que as empresas electrónicas usen as mínimas substancias e materiais tóxicos.

Un litro de luz

Trátase dun proxecto desenvolvido polos estudantes do MIT (Massachusetts Institute of Technology),  en colaboración cunha fundación filipina que busca  atrapar a luz do sol nunha lámpada caseira feita con botellas de plástico, que reflicten e amplifican os raios solares durante o dia.

Funcionan con auga e lixivia e pódense instalar no teito dunha casa nunha hora, a pesar de que non están conectadas a calquera tipo de electricidade poden reflectir a luz natural ata todos os cornechos dunha casa pequena, e como o cloro da lixivia mantén afatados os xermes estas lámpadas poden durar ata cinco anos.

jueves, 22 de enero de 2015

Sabías que...?

... ao reciclar 2 toneladas de plástico aforrar 1 tonelada de cru, moita auga, e tamén xestionar a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro?

martes, 20 de enero de 2015

Sabías que...?

... cada español/a produce unha media  de 1,6 kg de residuos ao día, o que significa que en conxunto xeran un total de 25 millóns de toneladas de residuos ao ano?

 



lunes, 19 de enero de 2015

A noticia

Do lixo ao vestidor


Unha empresa chamada Ecoalf converte redes de pesca, neumáticos e botellas de plático en prendas modernas. O que tiramos no contedor non falece aí, xa que con 70 botellas de plástico podes facer un anorak.