Os membros do equipo "Reciclamos separando" desexámosvos unhas felices festas, e querémosvos mostrar esta pequena árbore navideña feita a man por un grupo de rapazas implicadas no proxecto. Animámosvos a todos a celebrar un Nadal sostible!
jueves, 18 de diciembre de 2014
Punto limpo no instituto
Ademais
das illas de reciclaxe, no centro temos un pequeno punto limpo no que
se encontran contedores para residuos un tanto especiais como os que
se utilizan para as pilas, os discos, os cartuchos de tinta e os
tapóns de botella. Os CDs
e DVDs
están compostos nun 98 % de policarbonato, a súa reciclaxe consiste
en separar o policarbonato, limpialo e trasladalo ao mercado para
novos usos. En canto ás pilas,
primeiro
sepáranse en función das súas características e compoñentes, xa
que hai moitos tipos de pilas diferentes que teñen compoñentes
distintos. Despois sométense a diferentes tratamentos que, nalgúns
casos, pode ser a trituración para separar fácilmente algúns dos
materiais que as forman. Por último, colócanse nuns fornos onde se
recuperan outros compoñentes como poden ser o zinc ou o ferro.
Os tapóns
normalmente están feitos de caucho endurecido.
Pero,
por que sólo podemos axudar reciclando tapóns e non outras partes
dos envases plásticos?
Normalmente
os tapóns estan feitos de plásticos non reciclados e polo tanto
teñen máis valor no mercado. O plástico non se pode reciclar
infinitamente, porque vai perdendo propiedades e chega un momento que
xa non se pode utilizar. Os tapóns poden reciclarse 5 ou 8 veces. Se
nos fixamos nos envases podemos ver se é un plástico que se pode
reciclar e tamén se está feito de plástico reciclado e en que
porcentaxe.
miércoles, 17 de diciembre de 2014
A noticia
Trece centros de
secundaria participan no programa RECÍCLATE con Sogama
Un
total de trece centros de secundaria en distintos puntos de Galicia
participan no programa Recíclate
con Sogama
2014-2015 enmarcado
dentro do Plan Proxecta elaborado pola Xunta de Galicia e ten por
obxecto o fomento da reciclaxe así como os seus beneficios
ambientais, económicos e sociais.
Reciclaxe de papel no instituto
Como vos teredes
fixado, en todas as aulas, ao lado das papeleiras habituais, colocáronse unhas
bolsas de cor azul. Estas bolsas están destinadas á recollida de papel, e
solicítase a todos alumnos e profesorado que fagan uso delas.
O papel que se deposite
nas bolsas, debe de estar liso, sen facer bolas, e
limpo, sen restos orgánicos.
martes, 16 de diciembre de 2014
Illas de reciclaxe
Xa están á vosa disposición as illas para a reciclaxe dos distintos residuos cerca da cafetería. Xa sabedes que en cada contedor se depositan diferentes residuos. No amarelo, envases lixeiros, bricks e envases de plástico para alimentos. No azul, papel sen estar manchado e sen ter grampas nin anillas no caso de que sexa unha libreta. E por último, no contedor verde, vidro. Coa vosa colaboración pódese reducir a cantidade de residuos que se acumulan e contaminan o medio ambiente.
lunes, 15 de diciembre de 2014
Sabías que...?
... Se reciclas 1 tonelada de papel poderías impedir a tala de dezasete árbores de tamaño mediano? Os produtos de papel e cartón representan a maior parte do noso fluxo de residuos sólidos.
Valoración da charla da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"
Foi unha charla
moi entretida, onde repasamos cousas que xa coñecíamos e aprendemos outras
novas.
Falouse de:
Das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar
Reducir: Debemos evitar residuos innecesarios, por exemplo ao comprar deberíamos de
mercar produtos cos menos envoltorios posibles ou que se poidan rechear. Na
miña casa mércanse xeles e deterxentes para rechear nas botellas que temos na
casa así evitamos residuos plásticos.
Reutilizar: Moitos residuos serven para darlle outros usos
antes de convertirse nun residuo, o exemplo máis común e a reutilización das
bolsas de plásticos do supermercado como bolsas para o caldeiro do lixo,
noutros usos ás veces con máis ou menos imaxinación acadamos moi bos produtos.
Reciclar: cunha boa separación do lixo utilizando por
parte dos cidadáns e empresas podemos conseguir que gran parte dos residuos se
poidan reciclar e se fabriquen novos produtos.
Para un bo
proceso de reciclaxe temos que coñecer moi ben os seguintes contedores:
Tamén contamos con contedores de pilas normalmente están
localizados en supermercados, locais do Concello,..
Os residuos de carácter especial como son os mobles,
colchóns, pinturas, etc en grandes cidades hai puntos limpos para levar estes residuos, no noso Concello temos
que chamar ao Concello para que pasen a recollelos.
Para os aceites domésticos usados hai colectores especiais en cada parroquia,
e os aceites de maquinaria están situados onde se realiza esa actividade por
exemplo no Porto de Santa Mariña hai un colector deste residuo.
Destacar a importancia do composteiro,
cada cidadá que así o solicite no concello facilítanlle un composteiro así como
unha charla e visitas coas indicacións necesarias para realizar un bo compost
que despois podemos utilizar para abonar as hortas.
As empresas más importantes que
se dedican á reciclaxe son: Sogama,
Ecovidrio e Ecoembes.
Todas estas empresas coa
colaboración de empresas e institucións están dando a coñecer e concienciando á
poboación da importancia da correcta separación dos envases, residuos, dándolle
unha segunda vida.
Ecoembes: recollen os
envases, de tal xeito que cando chegan
as plantas de Ecoembes seleccionan e clasificamos converténdose nunha materia
prima útil para fabricar uns novos produtos.
Ecovidrio: empresa
encargada de reciclar os envases de vidro recollidos en todos contendores de
toda España
Sogama: é unha
empresa pública da Xunta de Galicia que se adica a facer campañas, cursos,.... sobre
a importancia de coidar o medio ambiente para elo ademais das tres erres
anteriores, Sogama engádelle un
cuarto erre que é a Recuperación
Enerxética: coa parte que non se pode reciclar do lixo xenerase enerxía
eléctrica suficiente para abastecer 100.000 fogares.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)