martes, 27 de enero de 2015

Xincana sobre a reciclaxe na escola


Para despedir a primeira avalición houbo unha xincana na escola, que consistiu nunha serie de actividades propostas polos diferentes departamentos. Entre elas había unha que tiña como obxectivo separar determinados produtos e colocalos nos seus correspondentes colectores. Nesta proba houbo variedade de resultados… Resultou moi educativa xa que moitos alumnos/as non sabían como separar os diversos produtos, e resolveron así moitas dúbidas. Dende o proxecto seguiremos traballando na información, sensibilización e concienciación da importancia que ten a correcta separación de resiuos para a súa reciclaxe.