lunes, 15 de diciembre de 2014

Sabías que...?


 ... Se reciclas 1 tonelada de papel poderías impedir a tala de dezasete árbores de tamaño mediano? Os produtos de papel e cartón representan a maior parte do noso fluxo de residuos sólidos.

Valoración da charla da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"


Foi unha charla moi entretida, onde repasamos cousas que xa coñecíamos e aprendemos outras novas.
Falouse de:
Das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar
Reducir: Debemos evitar residuos innecesarios, por exemplo ao comprar deberíamos de mercar produtos cos menos envoltorios posibles ou que se poidan rechear. Na miña casa mércanse xeles e deterxentes para rechear nas botellas que temos na casa así evitamos residuos plásticos.
Reutilizar: Moitos residuos serven para darlle outros usos antes de convertirse nun residuo, o exemplo máis común e a reutilización das bolsas de plásticos do supermercado como bolsas para o caldeiro do lixo, noutros usos ás veces con máis ou menos imaxinación acadamos moi bos produtos.
Reciclar: cunha boa separación do lixo utilizando por parte dos cidadáns e empresas podemos conseguir que gran parte dos residuos se poidan reciclar e se fabriquen novos produtos.
Para un bo proceso de reciclaxe temos que coñecer moi ben os seguintes contedores:






 





Tamén contamos con contedores de pilas normalmente están localizados en supermercados, locais do Concello,..
Os residuos de carácter especial como son os mobles, colchóns, pinturas, etc en grandes cidades hai puntos limpos para levar estes residuos, no noso Concello temos que chamar ao Concello para que pasen a recollelos.
Para os aceites domésticos usados hai colectores especiais en cada parroquia, e os aceites de maquinaria están situados onde se realiza esa actividade por exemplo no Porto de Santa Mariña hai un colector deste residuo.
Destacar a importancia do composteiro, cada cidadá que así o solicite no concello facilítanlle un composteiro así como unha charla e visitas coas indicacións necesarias para realizar un bo compost que despois podemos utilizar para abonar as hortas.
As empresas más importantes que se dedican á reciclaxe son: Sogama, Ecovidrio e Ecoembes.
Todas estas empresas coa colaboración de empresas e institucións están dando a coñecer e concienciando á poboación da importancia da correcta separación dos envases, residuos, dándolle unha segunda vida.
Ecoembes: recollen os envases, de  tal xeito que cando chegan as plantas de Ecoembes seleccionan e clasificamos converténdose nunha materia prima útil para fabricar uns novos produtos.
Ecovidrio: empresa encargada de reciclar os envases de vidro recollidos en todos contendores de toda España
Sogama: é unha empresa pública da Xunta de Galicia que se adica a facer campañas, cursos,....  sobre  a importancia de coidar o medio ambiente para elo ademais das tres erres anteriores, Sogama engádelle un cuarto erre que é a Recuperación Enerxética: coa parte que non se pode reciclar do lixo xenerase enerxía eléctrica suficiente para abastecer 100.000 fogares.