domingo, 25 de enero de 2015

Sabías que...?


...en China hai máis de 150000 persoas traballando na lixo tecnolóxico de case todo o mundo?
Un dos vertedoiros de chatarra electrónica cada vez máis importante do mundo é o de Ghana, en África. Sen embargo Guiyu, en China é a localidade onde máis se recicla o lixo electrónico. Parte deste lixo como son os móbiles teñen entre 500 a 1000 compostos diferentes, polo que é moi difícil separalos. A xente por pereza tira os ordenadores, impresoras,… no monte o noutros lugares. Hai moitas solucións para reciclar a chatarra electrónica ou polo menos evitar que contamine tanto, por exemplo:
  •  Doar ou vender os equipos que aínda funcionan a organizacións.
  • As empresas deberían ter un plan de reciclaxe para os equipos antigos ou estragados.
  • Intentar que as empresas electrónicas usen as mínimas substancias e materiais tóxicos.

Un litro de luz

Trátase dun proxecto desenvolvido polos estudantes do MIT (Massachusetts Institute of Technology),  en colaboración cunha fundación filipina que busca  atrapar a luz do sol nunha lámpada caseira feita con botellas de plástico, que reflicten e amplifican os raios solares durante o dia.

Funcionan con auga e lixivia e pódense instalar no teito dunha casa nunha hora, a pesar de que non están conectadas a calquera tipo de electricidade poden reflectir a luz natural ata todos os cornechos dunha casa pequena, e como o cloro da lixivia mantén afatados os xermes estas lámpadas poden durar ata cinco anos.