domingo, 7 de diciembre de 2014

A noticia

Un grito contra o lixo oceánico

A sede viguesa da Fundación Barrié acolle unha exposición que aborda o problema da acumulación de plásticos en grandes zonas do planeta.
Esta exposición nos mostra a cantidade de lixo equivalente ao plásticos que se verten ao mar no planeta cada 5 segundos,que derivou na formación de 6 grandes “sopas de lixo” no mundo, a máis famosa situada no Pacífico Norte. Esta gran cantidade de lixo que ameaza o océano, as súas consecuencias e as posibles solucións son o motivo da exposición Out to Sea?




Concurso de sobras

Este concurso está enmarcado na campaña “Aprovéitate do que che sobra” (Consellería de Medio Ambiente e SOGAMA), orientada á redución dos desperdicios de alimentos, e en relación coa Semana Europea da Prevención de Residuos 2014.
Os participantes (que deben ser maiores de 18 anos) presentarán as súas receitas a partir de restos de comida. Optarán así a premios que valorarán a orixinalidade, innovación e especialmente o emprego da maior porcentaxe de ingredientes procedentes de sobras. Se queres gañar un fin de semana na Mariña lucense para dúas persoas, incluíndo dúas noites de hotel con almorzo, comida e cea, e dous días de clase de stand up surf e kitesurf, non o dubides e anímate a demostrar as túas habilidades culinarias!!
O prazo para presentar estas suculentas receitas é desde o 22 de novembro ata o 22 de decembro de 2014. 
Máis info.:  web do concurso.