sábado, 6 de diciembre de 2014

Aprende: que significan os 3 “R”?

1.- Reducir :
Consiste en gastar menos materiais (consumindo só o necesario, comprando con menos envoltorios,...) conseguindo así reducir tamén enerxía, auga, materias primas e químicos e as emisións producidas polos vehículos no transporte dos materiais.

2.- Reutilizar:
Reutilizar é a acción de volver empregar os bens ou produtos, e darlles outro uso ou o mesmo.

3.- Reciclar:
Trátase de recuperar o material dun obxecto que xa non sirve para fabricar un produto novo ou igual.

          *Practicar os 3 “R” axuda a diminuír o impacto medio ambiental producido polos nosos residuos.