jueves, 18 de diciembre de 2014

Bo Nadal!




Os membros do equipo "Reciclamos separando" desexámosvos unhas felices festas, e querémosvos mostrar esta pequena árbore navideña feita a man por un grupo de rapazas implicadas no proxecto. Animámosvos a todos a celebrar un Nadal sostible!

Punto limpo no instituto


Ademais das illas de reciclaxe, no centro temos un pequeno punto limpo no que se encontran contedores para residuos un tanto especiais como os que se utilizan para as pilas, os discos, os cartuchos de tinta e os tapóns de botella. Os CDs e DVDs están compostos nun 98 % de policarbonato, a súa reciclaxe consiste en separar o policarbonato, limpialo e trasladalo ao mercado para novos usos. En canto ás pilas, primeiro sepáranse en función das súas características e compoñentes, xa que hai moitos tipos de pilas diferentes que teñen compoñentes distintos. Despois sométense a diferentes tratamentos que, nalgúns casos, pode ser a trituración para separar fácilmente algúns dos materiais que as forman. Por último, colócanse nuns fornos onde se recuperan outros compoñentes como poden ser o zinc ou o ferro. Os tapóns normalmente están feitos de caucho endurecido.
Pero, por que sólo podemos axudar reciclando tapóns e non outras partes dos envases plásticos?
Normalmente os tapóns estan feitos de plásticos non reciclados e polo tanto teñen máis valor no mercado. O plástico non se pode reciclar infinitamente, porque vai perdendo propiedades e chega un momento que xa non se pode utilizar. Os tapóns poden reciclarse 5 ou 8 veces. Se nos fixamos nos envases podemos ver se é un plástico que se pode reciclar e tamén se está feito de plástico reciclado e en que porcentaxe.


miércoles, 17 de diciembre de 2014

A noticia

Trece centros de secundaria participan no programa RECÍCLATE con Sogama

Un total de trece centros de secundaria en distintos puntos de Galicia participan no programa Recíclate con Sogama 2014-2015 enmarcado dentro do Plan Proxecta elaborado pola Xunta de Galicia e ten por obxecto o fomento da reciclaxe así como os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.


Reciclaxe de papel no instituto




No noso instituto estase levando a cabo unha campaña de concienciación para a reciclaxe.

Como vos teredes fixado, en todas as aulas, ao lado das papeleiras habituais, colocáronse unhas bolsas de cor azul. Estas bolsas están destinadas á recollida de papel, e solicítase a todos alumnos e profesorado que fagan uso delas.

O papel que se deposite nas bolsas, debe de estar liso, sen facer bolas, e limpo, sen restos orgánicos.   

martes, 16 de diciembre de 2014

Illas de reciclaxe

Xa están á vosa disposición as illas para a reciclaxe dos distintos residuos cerca da cafetería. Xa sabedes que en cada contedor se depositan diferentes residuos. No amarelo, envases lixeiros, bricks e envases de plástico para alimentos. No azul, papel sen estar manchado e sen ter grampas nin anillas no caso de que sexa unha libreta. E por último, no contedor verde, vidro. Coa vosa colaboración pódese reducir a cantidade de residuos que se acumulan e contaminan o medio ambiente.
 

lunes, 15 de diciembre de 2014

Sabías que...?


 ... Se reciclas 1 tonelada de papel poderías impedir a tala de dezasete árbores de tamaño mediano? Os produtos de papel e cartón representan a maior parte do noso fluxo de residuos sólidos.

Valoración da charla da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"


Foi unha charla moi entretida, onde repasamos cousas que xa coñecíamos e aprendemos outras novas.
Falouse de:
Das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar
Reducir: Debemos evitar residuos innecesarios, por exemplo ao comprar deberíamos de mercar produtos cos menos envoltorios posibles ou que se poidan rechear. Na miña casa mércanse xeles e deterxentes para rechear nas botellas que temos na casa así evitamos residuos plásticos.
Reutilizar: Moitos residuos serven para darlle outros usos antes de convertirse nun residuo, o exemplo máis común e a reutilización das bolsas de plásticos do supermercado como bolsas para o caldeiro do lixo, noutros usos ás veces con máis ou menos imaxinación acadamos moi bos produtos.
Reciclar: cunha boa separación do lixo utilizando por parte dos cidadáns e empresas podemos conseguir que gran parte dos residuos se poidan reciclar e se fabriquen novos produtos.
Para un bo proceso de reciclaxe temos que coñecer moi ben os seguintes contedores:






 





Tamén contamos con contedores de pilas normalmente están localizados en supermercados, locais do Concello,..
Os residuos de carácter especial como son os mobles, colchóns, pinturas, etc en grandes cidades hai puntos limpos para levar estes residuos, no noso Concello temos que chamar ao Concello para que pasen a recollelos.
Para os aceites domésticos usados hai colectores especiais en cada parroquia, e os aceites de maquinaria están situados onde se realiza esa actividade por exemplo no Porto de Santa Mariña hai un colector deste residuo.
Destacar a importancia do composteiro, cada cidadá que así o solicite no concello facilítanlle un composteiro así como unha charla e visitas coas indicacións necesarias para realizar un bo compost que despois podemos utilizar para abonar as hortas.
As empresas más importantes que se dedican á reciclaxe son: Sogama, Ecovidrio e Ecoembes.
Todas estas empresas coa colaboración de empresas e institucións están dando a coñecer e concienciando á poboación da importancia da correcta separación dos envases, residuos, dándolle unha segunda vida.
Ecoembes: recollen os envases, de  tal xeito que cando chegan as plantas de Ecoembes seleccionan e clasificamos converténdose nunha materia prima útil para fabricar uns novos produtos.
Ecovidrio: empresa encargada de reciclar os envases de vidro recollidos en todos contendores de toda España
Sogama: é unha empresa pública da Xunta de Galicia que se adica a facer campañas, cursos,....  sobre  a importancia de coidar o medio ambiente para elo ademais das tres erres anteriores, Sogama engádelle un cuarto erre que é a Recuperación Enerxética: coa parte que non se pode reciclar do lixo xenerase enerxía eléctrica suficiente para abastecer 100.000 fogares.