viernes, 13 de marzo de 2015

Novas bolsas e caixas para a recollida selectiva de residuos nas aulas

Xa dispoñemos en cada aula dunhas novas bolsas/caixas para a recollida selectiva de residuos no insti. Na bolsa azul deposítase o papel e o cartón, por exemplo papeis usados (sen enrugar nin grampar!), cartóns de proxectos...; na bolsa/caixa amarela, os envases lixeiros como bolsas de patatillas, envases de chocolatinas, botellas de plástico (quitando os tapóns que se poñen no noso contedor especial para eles)... ; e no cubo normal, a fracción resto (o orgánico e o non reciclable), por exemplo panos de papel, restos de comida, bolis sen tinta...

A semana pasada, tres membros do proxecto foron clase por clase dando unha charla sobre onde se  debería poñer cada residuo. Os residuos das bolsas son recollidos tódolos días pola nosa limpadora e depositados no seu contedor correspondente, situados na entrada do instituto.



jueves, 12 de marzo de 2015

Entrega de premios do concurso fotográfico!!!

Gema explicándolle aos alumnos sobre o proxecto

Ana entregándolle o premio a Lara, a gañadora da foto que máis lle gustou o xurado e da foto máis orixinal

Ana entregándolle o premio a Diego, o gañador da foto máis divertida

Carmen, artista da reciclaxe



Carmen é pintora e amante da reciclaxe, creadora desta actividade "de paraugas desbotable a bolsa pregable". Carmen e as súas amigas reciclan as teas dos paraugas deixando as varillas nun punto limpo. Converténas en bolsas, mochilas, bolsos e todo tipo de accesorios.


martes, 3 de marzo de 2015

Xa temos gañadores do concurso fotográfico!!!!

Xa temos os 2 gañadores do concurso fotográfico:

-A máis orixinal e a que máis lle gustou o xurado foi a de Lara García:
 -E a foto máis divertida é a de Diego Ameal