viernes, 13 de marzo de 2015

Novas bolsas e caixas para a recollida selectiva de residuos nas aulas

Xa dispoñemos en cada aula dunhas novas bolsas/caixas para a recollida selectiva de residuos no insti. Na bolsa azul deposítase o papel e o cartón, por exemplo papeis usados (sen enrugar nin grampar!), cartóns de proxectos...; na bolsa/caixa amarela, os envases lixeiros como bolsas de patatillas, envases de chocolatinas, botellas de plástico (quitando os tapóns que se poñen no noso contedor especial para eles)... ; e no cubo normal, a fracción resto (o orgánico e o non reciclable), por exemplo panos de papel, restos de comida, bolis sen tinta...

A semana pasada, tres membros do proxecto foron clase por clase dando unha charla sobre onde se  debería poñer cada residuo. Os residuos das bolsas son recollidos tódolos días pola nosa limpadora e depositados no seu contedor correspondente, situados na entrada do instituto.