miércoles, 29 de octubre de 2014

Separemos ben, reciclaremos mellor

O vindeiro martes 4 de novembro, o IES Pedra da Aguia participará na terceira edición da campaña educativa "Separemos ben, reciclaremos mellor", proposta pola Consellaría de Medio Ambiente e Sogama (co apoio e respaldo de Ecoembes, Ecovidrio e os Sistemas Integrados de Xestión de Pilas), que ten por obxecto instar ao alumnado e ao profesorado a participar activamente no sistema de recollida selectiva para incrementar as porcentaxes de reciclado en Galicia e alcanzar os seus beneficios ambientais, económicos e sociais. Para tal efecto é imprescindible dirixir ao alumnado unha serie de actividades formativas sobre a materia, trasladarlle os coñecementos necesarios para que estes aprendan a xestionar correctamente o lixo que producen a diario, capacitándoos mesmo para levar a cabo unha tarefa pedagóxica na súa contorna familiar e social máis inmediata.
Desde o noso proxecto esperamos con ganas a chegada deste día para aproveitar ao máximo a xornada!