sábado, 28 de febrero de 2015

Que pasa co que botas ao mar?

Preguntácheste algunha vez onde vai parar o paquete de gusanitos que botas a auga cando vas á praia? 
Aquí tes dous exemplos reais e verdadeiramente tristes sobre o lixo que hai vertido na auga arredor do mundo.

A ILLA DO LIXO.
A illa do lixo é unha illa localizada no centro do océano Pacífico Norte formada por concentracións excepcionalmente altas de plástico suspendido e outros desperdicios.
Ten un tamaño de 1400000 km cadrados . Un 80% deste lixo son residuos humanos botados ao mar e o 20% restante de barcos do océano. Esta illa trae graves consecuencias para a fauna animal e incluso para nós, xa que cando o plástico se degrada (que lle leva o seu tempo) convértese en anacos moi pequenos, que poden ser inxeridos polos animais que habitan nesa zona provocando a súa morte por asfixia ou ben, estes engullen unhas partículas moi perigosas de plástico. Despois, moitos dos peixes que as engulliron, acaban sendo pescados e polo tanto, entran dentro do noso corpo.
O peor de todo isto é que ningún país se quere facer cargo da limpeza desta illa, debido ao alto custo económico. Pero no ano 2008, Richard Owen creou a Enviromental Cleanup Coalition, un grupo que planea a modificación dunha flota de barcos para a limpeza e reciclaxe dos residuos desta illa.

RÍO CITARUM.
O río Citarum sitúase no continente asiático, concretamente en Indonesia.
Durante miles de anos, este río correu limpo polos seus 350 km de largo, sendo fonte de alimentación e transporte para millóns de persoas. Pero hai 40 anos que as máis de 6000 industrias edificadas preto da súa beira comezaron a verter residuos inorgánicos, mercurio e outros metais diluidos nel, convertíndoo no río máis contaminado do mundo.
O que actualmente se observa nel son os restos de peixes mortos, lixo acumulado, alimentos descompostos, residuos químicos e cheiros nauseabundos. Tamén, dependendo dos desperdicios predominantes das industrias textiles que haxa en cada tramo doCitarum, pódese ver a auga de cores diferentes como por exemplo, de violeta, negro ou marrón. Auga que beben arredor de 5 millóns de persoas despois de filtrala con anacos de trapo e fervela.
O goberno indonesio e o Banco Asiático de Desarrollo comprometéronse a invertir 3 mil 500 millóns de dólares para a súa descontaminación, pero parece ser que esqueceron a súa promesa.
Greenpeace e as comunidades locais denunciaron que o goberno só retira o lixo e adecenta as beiras, sin eliminar as causas da contaminación. Ahmad Ashov, representante de Greenpeace en Indonesia explica que a administración non educa ás firmas e aos habitantes avisándolles de que non deben bótar o seu lixo ao río. Ademais, insiste en que as empresas sobornan aos funcionarios para que fagan a vista gorda sobre a cantidade do lixo botado ao río e para que non avisen ás autoridades.
Esta é a triste realidade sobre onde vai parar o lixo que botas ao mar. Seguro que pensas que porque o fagas unha vez, non pasará nada, pero agardo que agora que sabes a difícil situación que viven algúns océanos e ríos do mundo, o penses dúas veces antes de facelo.