Un punto limpo é un lugar onde se recollen os restos que non deben ir a ningún dos outros contedores que hai na rúa (poden ser fixos ou móbiles) debido a diferentes causas, ben polo seu tamaño ou pola súa natureza. Normalmente hai dous tipos de contedores: os grandes para os residuos non perigosos e os pequenos para os residuos especiais (baterías, aceite de motor...) . O goberno e os concellos están mellorando a rede de puntos limpos para que os cidadáns teñan que desprazarse menos. Nestes recintos non só se almacenan os residuos, senón que tamén se reciclan e separan.
Os obxectivos dun punto limpo son:
- Conseguir un aforro de materias primas e enerxía aproveitando algúns residuos sólidos da rúa.
- Xa que os servizos de recollida de lixo tradicionais (o camión do lixo) non poden recoller algúns residuos voluminosos, os puntos limpos intentan evitar que sexan abandonados na rúa.
- Separar os residuos peligrosos do lixo normal e evitar que ao ser vertidos polas redes de saneamento contaminen.