sábado, 28 de febrero de 2015

Que pasa co que botas ao mar?

Preguntácheste algunha vez onde vai parar o paquete de gusanitos que botas a auga cando vas á praia? 
Aquí tes dous exemplos reais e verdadeiramente tristes sobre o lixo que hai vertido na auga arredor do mundo.

A ILLA DO LIXO.
A illa do lixo é unha illa localizada no centro do océano Pacífico Norte formada por concentracións excepcionalmente altas de plástico suspendido e outros desperdicios.
Ten un tamaño de 1400000 km cadrados . Un 80% deste lixo son residuos humanos botados ao mar e o 20% restante de barcos do océano. Esta illa trae graves consecuencias para a fauna animal e incluso para nós, xa que cando o plástico se degrada (que lle leva o seu tempo) convértese en anacos moi pequenos, que poden ser inxeridos polos animais que habitan nesa zona provocando a súa morte por asfixia ou ben, estes engullen unhas partículas moi perigosas de plástico. Despois, moitos dos peixes que as engulliron, acaban sendo pescados e polo tanto, entran dentro do noso corpo.
O peor de todo isto é que ningún país se quere facer cargo da limpeza desta illa, debido ao alto custo económico. Pero no ano 2008, Richard Owen creou a Enviromental Cleanup Coalition, un grupo que planea a modificación dunha flota de barcos para a limpeza e reciclaxe dos residuos desta illa.

RÍO CITARUM.
O río Citarum sitúase no continente asiático, concretamente en Indonesia.
Durante miles de anos, este río correu limpo polos seus 350 km de largo, sendo fonte de alimentación e transporte para millóns de persoas. Pero hai 40 anos que as máis de 6000 industrias edificadas preto da súa beira comezaron a verter residuos inorgánicos, mercurio e outros metais diluidos nel, convertíndoo no río máis contaminado do mundo.
O que actualmente se observa nel son os restos de peixes mortos, lixo acumulado, alimentos descompostos, residuos químicos e cheiros nauseabundos. Tamén, dependendo dos desperdicios predominantes das industrias textiles que haxa en cada tramo doCitarum, pódese ver a auga de cores diferentes como por exemplo, de violeta, negro ou marrón. Auga que beben arredor de 5 millóns de persoas despois de filtrala con anacos de trapo e fervela.
O goberno indonesio e o Banco Asiático de Desarrollo comprometéronse a invertir 3 mil 500 millóns de dólares para a súa descontaminación, pero parece ser que esqueceron a súa promesa.
Greenpeace e as comunidades locais denunciaron que o goberno só retira o lixo e adecenta as beiras, sin eliminar as causas da contaminación. Ahmad Ashov, representante de Greenpeace en Indonesia explica que a administración non educa ás firmas e aos habitantes avisándolles de que non deben bótar o seu lixo ao río. Ademais, insiste en que as empresas sobornan aos funcionarios para que fagan a vista gorda sobre a cantidade do lixo botado ao río e para que non avisen ás autoridades.
Esta é a triste realidade sobre onde vai parar o lixo que botas ao mar. Seguro que pensas que porque o fagas unha vez, non pasará nada, pero agardo que agora que sabes a difícil situación que viven algúns océanos e ríos do mundo, o penses dúas veces antes de facelo.

viernes, 27 de febrero de 2015

Sabías que... ?

... en 2010 se mercaron 8 mil millóns de móbiles e somos algo máis de 6 mil millóns de habitantes no planeta e que hai países nos cales a maioría da xente non pode permitirse ter un??

jueves, 26 de febrero de 2015

Visita a Sogama

O 24 de Febreiro os membros do proxecto Reciclamos separando e algúns alumnos do IES Pedra da Aguia fomos a Sogama, unha das principais plantas de xestión e tratamento dos residuos urbanos de Galiza. Ao chegar á planta e baixar do bus, percibimos un olor moi forte procedente dos tratamentos e a cantidade de lixo de Sogama. O que máis destacaba da planta eran as tres chimeneas, dúas medianas polas que saía unha grande cantidade de vapor da auga (que utilizaban para secar o lixo) e outra moi grande de cemento pola que saía un pouco fume (para queimar os residuos que non servían), tamén vimos un acceso á planta para o tren que traía o lixo. Ao entrar, fomos directos a un edificio de oficinas logo de pasar polo control da entrada. Neste edificio estivemos vendo unha maqueta de toda a planta e déronnos unha charla sobre o funcionamento de Sogama, fixéronnos unhas preguntas sobre o que reciclábamos na casa e ao rematar, preparáronnos para ir ás instalacións de tratamento do lixo e puxéronnos un chaleco reflectante, unha mascarilla e un casco.
Ao chegar ás propias instalacións de reciclaxe, dividíronnos en dous grupos.
  1. Primeiro fomos ao lugar onde descargaban os camións do lixo.
  2. Ao acabar fomos ao recinto de carga e descarga do lixo, no que estaba un camión cargando o lixo.
  3. Despois ao entrar nunha das naves, fomos a unhas habitacións dentro da propia nave nas que un grupo de operadoras estaban separando os distintos envases de plástico en diversos túneles.
  4. Logo fomos aos "foxos", que consistían nun espazo xigante onde depositaban o lixo que xa non servía para reciclar, alí era onde o tren descargaba os residuos que traía. Era o lugar onde máis"cheiraba" de todos.                                                                                                                 Despois volvemos ao bus e demos un "tour" polas instalacións que nos quedaban:
  5. En primeiro lugar, mostráronnos como pesan os camións que chegan das distintas ecoplantas, procedentes dos diferentes concellos, para saber a cantidade de residuos que achegan en cada caso.
  6. Vimos que as escouras remanentes as levan a unha explanada ao lado da planta onde se van acumulando.
  7. Fomos a outra explanada situada ao lado da mencionada anteriormente na que había bolsas das cinzas resultantes da queima de residuos, que estaban envoltas nun plástico e que as ían cubrindo con terra.
  8. Tamén nos ensinaron unha "piscina" na que estaban os líquidos producidos pola fábrica.
  9. Logo vimos a xingantesca cheminea de cemento pola que saían os fumes que producía a planta ao queimar o lixo.
  10. Despois fomos a unha pequena central de electricidade dentro de Sogama que producía corrente eléctrica a partir dos residuos.
  11. Finalmente volvemos a oficina onde nos deron uns agasallos, e quitámonos a roupa de protección.    

miércoles, 25 de febrero de 2015

A noticia

    O Pedra da Aguia é referencia en materia medioambiental.

A principios de curso, como ben sabemos, o instituto incorporouse ao programa <<Recíclate con Sogama>> co proxecto  Reciclamos Separando. Dividiuse o traballo das 30 persoas que formamos o equipo en dúas partes. En primeiro lugar, a tecnolóxica. Temos un blog onde publicamos noticias medioambientais. En segundo lugar a actuación. Todos os venres facemos unha reunión onde falamos cos alunmos/as e encargámoslle tarefas que teñen que ter rematadas un día específico. Cando as rematan, os profes revísanas, danlle pautas de correción e volvemos a reunirnos para facer un rexistro da evolución do traballo, e decidir nosa tarefas e vías de actuacuón. 

Con este proxecto pretendemos non só cambiar certos hábitos no instituto senón tamén no noso entorno. Por exemplo:
Fabricamos caixas para recoller cartuchos de tinta e tóner que se levaron á biblioteca, á Casa do Concello, supermercados, e a outros lugares de interese, para conseguir unha implicación non só da comunidade educativa, senón tamén da población da zona. 

Ana que é unha das profesoras coordinadoras do proxecto confía en que Reciclamos separando se estenda máis aló deste ano. Ademais o medioambiente non é o único beneficiado neste proxecto, todos aprenden algo con está andaina. Ana Ignacio anima a outros centros a seguir o camiño do Pedra da Aguia "Paga a pena ver a implicación dos rapaces no proxecto e tamén a súa satisfacción de acadar metas. Para levar acabo este proxecto necesítase un equipo que se implique moito". 

Se queres saber máis e seguir os nosos pasos, visita o noso blog  <<reciclamoseparando.blogspot.com.es>>  e o twitter <<twitter.com/rseparando>>


Concurso de fotografía

Boas xente!
Comunicámosvos de novo pero esta vez a través do noso blog que segue aberto o prazo para participar no concurso de fotografía sobre as boas prácticas do 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Non o dubidedes e a presentarse! Podedes gañar numerosos premios!
As bases do concurso son simples e claras, e aparecen no cartel aquí adxunto.
Neste proxecto non só plantexamos un concurso senón tamén unha motivación para que os alumnos se familiaricen coa practica dos 3R e se conciencien da importancia medioambiental da separación correcta dos residuos para a súa reciclaxe .
Lembrade que o prazo finaliza o venres día 27 de febreiro!

martes, 24 de febrero de 2015

Sabías que...?

...Cada ano aumenta a cantidade de residuos que xeramos: nos últimos 40 anos produciuse máis lixo no mundo que desde o orixe do home ata 1970?

viernes, 20 de febrero de 2015

Sabías que...?

...Unha billa goteando unha gota por segundo, remata por desperdiciar 30 litros de auga ao día?

 

A noticia

A área de viño (Lugo) reciclou 71 toneladas de vidro, 9 máis que o ano anterior.

Hai anos que o casco histórico de Lugo dispón dun sistema especial de recollida de vidro, papel e cartón, e que está centrado especialmente na área dos viños, en puntos como a Rúa Nova. A través del, os resiudos son recollidos (porta en porta) para evitar as instalacións de contedores que afeen as rúas máis frecuentadas por turistas e visitantes. Según os datos que manexa o concello, de vidro recicláronse algo máis de 71 toneladas en 2014 fronte ás 62 de 2013.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2015/02/18/zona-vinos-reciclo-71-toneladas-vidrio-9-ano-anterior/0003_201502L18C19919.htm

jueves, 12 de febrero de 2015

Aprende: que é un punto limpo?


 
Un punto limpo é un lugar  onde se recollen os restos que non deben ir a ningún  dos outros  contedores que hai na rúa (poden ser fixos ou móbiles) debido a diferentes causas, ben polo seu tamaño ou pola súa natureza. Normalmente  hai dous tipos de contedores: os grandes para os residuos non perigosos e os pequenos para os residuos  especiais (baterías, aceite de motor...) . O goberno e os  concellos están mellorando a rede de puntos limpos para que os cidadáns teñan que desprazarse menos. Nestes recintos non só se almacenan os residuos, senón que tamén se reciclan e separan.

Os obxectivos dun punto limpo son:
  • Conseguir un aforro de materias primas e enerxía aproveitando algúns residuos sólidos da rúa. 
  •  Xa que os servizos de recollida de lixo  tradicionais (o camión do lixo) non poden recoller algúns residuos voluminosos, os puntos limpos intentan evitar que  sexan  abandonados na rúa. 
  • Separar os residuos peligrosos do lixo normal e evitar que ao ser vertidos polas redes de saneamento contaminen.

martes, 10 de febrero de 2015

Fotos dos alumnos no proxecto

 A profesora de Bioloxía Ana dando as tarefas do blog
A profesora de Tecnoloxía Gema dando as tarefas de campaña
Alumnos do proxecto atendendo ás explicacións das profesoras

lunes, 9 de febrero de 2015

Entroido Ecolóxico!

Este Entroido'15 utiliza os 3 R para facer o teu disfraz máis orixinal e máis divertido!

Podes utilizar calquera cousa que encontres na túa casa para facer o teu disfraz este ano, dende tapóns de botellas a bolsas de lixo pasando por cubos rotos e moitas máis cousas. 

Podemos aproveitar o cartón:

Un dos materiais reciclables que máis posibilidades aportan á hora de facer o teu disfraz é o cartón.

Ademais, cando empecedes a buscar pola casa, darédesvos de conta de que a cantidade de cartón da que dispoñemos (caixas de zapatos, de galletas, de electrodomésticos, etc) é bárbara. Con este material podemos facer todo tipo de disfraces. Velaquí algúns exemplos:

- Un Ipod



A noticia

AS CASAS CON COMPOSTEIRO REDUCIRON UN 40% OS SEUS RESIDUOS

A concellaría do Medio Ambiente de O Grove, fixo onte balance da implantación do compostaxe no municipio. O proxecto púxose en marcha contando coa colaboración dun centenar de familias, e actualmente xa se repartiron máis de 400 composteiros.

Técnicos de Amigos da Terra, que están axudando ao concello con esta iniciativa, fixeron estes días unha avaliación de como está a funcionar este sistema. E constataron que as vivendas que participan reduciron nun 40% os residuos orgánicos que depositan no contedor verde, coa conseguinte mellora na separación selectiva do resto de residuos.



martes, 3 de febrero de 2015

Aprende: que é a compostaxe

A compostaxe consiste en reciclar os materiais de refugallo orgánicos, no que o solo fai de fertilizante. Este proceso pódese facer na casa ou no concello, neste último caso, trataríase de xestionar a compostaxe da poboación correspondente. Esta técnica xa era coñecida polos romanos, aínda que os fertilizantes químicos empezáronse a utilizar no século XX. Ten algunhas variedades, que son:
  • O monte caseiro: só se trata de amontoar un montón de material orgánico, que pode tardar entre seis meses e dous anos en descompoñerse.
  • O monte quente: tamén consiste no mesmo que o monte caseiro, pero neste tes que coidar os materiais do redor.
  • O método rico en fibra: serve para as familias moi produtoras de residuos orgánicos e non dispoñen de xardín. Consiste en mesturar os residuos alimenticios cos papeis e cartóns.
  • O método Indore: consiste en poñer moita materia vexetal e un pouco de esterco por riba, todo isto sería nunha caixa de madeira pechada por todo menos no chan.
  • A vermicultura: son vermes e miñocas que se alimentan dos residuos orgánicos.